Os loitadores cotíans suben ó cuadrilátero...

Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade,
anúbranos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de
comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.

En Berrobambán pretendemos facer teatro do espectáculo do “Pressing Catch”, tomando algunhas das súas convencións. Aínda que nas últimas montaxes se lle prestaba unha especial atención ao público familiar, a compañía aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que
se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir.

Esta liña de traballo enfocada cara ao público adulto e que incide na franxa de idade máis nova deste público ten xa dous antecedentes na compañía: “NdC” e “Vendetta”.

Videos do espectáculo

Pressing catch no informativo da galega

Entra na nosa web de Pressing Catch

Consulta o noso Blog

Fotos no Flickr

Consulta o noso Facebook