Bicharada

Boas Noites

Pressing Catch

O teatro de Berrobambán intenta ser un teatro vivo co obxectivo de conectar co público. Cada espectáculo resulta unha nova aventura para a compañía, porque a diferencia e a pluralidade son valores ós que nos queremos acoller, compromisos que, estamos certos, nos fan medrar. Queremos compartir o que nos bole nas cabezas e nos corazóns, con urxencia, porque o teatro é un espectáculo efímero e gústanos que así sexa, de aquí e de agora. Como as persoas, o teatro deberá ser libre, e o apoio de institucións e/ou empresas ten que servir para a consecución do fin último
dos espectáculos: o pracer, que non
o compracer,
do público.

2005|berrobambán teatro (comezo)| info@berrobamban.com |981 573 626 | 695 929 262